31 may 2018

DISTANCIAS FORESTAIS

AS DISTANCIAS FORESTAIS

¿Cáles son as distancias nas repoboacións forestais?


A partir de hoxe vamos tratar un tema de actualidade en Galicia, que é o das distancias das repoboacións forestais.



En primeiro lugar, é necesario sinalar que, a raíz da Lei 9/2017, de Medidas Fiscais e Administrativas, que modifica a Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, o asunto das distancias volve a estar en primeira plana da actualidade, pero en todo caso, as distancias xa existían nesta última Lei mencionada de Incendios Forestais e e na Lei 7/2012, do 28 de xuño, de Montes de Galicia.

¿Qué distancias están establecidas?


  • Con parcelas forestais: 2 metros.

  • Con terreos situados en solo rústico de especial protección agropecuaria: 10 metros.

  • Con terreos dedicados a labradío, cultivo, prados ou pastos que non teñan a clasificación de especial protección agropecuaria: 4 metros no caso das frondosas recollidas no Anexo 1 e 10 metros no resto de especies.

  • Desde o límite do dominio público das vías (autoestradas, autovías, corredores, vías rápidas e estradas convencionais) ou do ferrocarril: 4 metros no caso das frondosas e 10 metros no resto de especies.

  • Pistas forestais: 2 metros para as frondosas, 4 metros no resto de especies e 6 metros nos Concellos declarados pola Xunta como zona de alto risco de incendio.

  • Para líneas eléctricas (consideradas desde o conductor máis externo, tendo en conta a desviación máxima producida polo vento), paramentos de subestacións eléctricas, estacións de telecomunicacións e estacións de regulación de gas: 5 metros para todas as especies.

  • Canles fluviais de máis de 2 metros de ancho: 5 metros para frondosas e 15 metros para o resto de especies. A distancia contaráse desde o límite do dominio público.

  • Edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de lixo, instalación industrias situadas a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural: 15 metros para frondosas e 50 metros para o resto de especies.

  • Solo urbano, solo de núcleo rural e solo urbanizable delimitado: 15 metros no caso de frondosas e 50 metros resto de especies.

  • Cámpings, gasolineiras e industrias ou instalacións preexistentes en que se desenvolvan actividades perigosas: 25 metros para especies de frondosas e 50 metros para o resto de especies.



  • ¿Tenéis alguna pregunta? Escribidnos a nuestro correo, lo tenéis en CONTACTO.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario