7 jun 2018

XESTIÓN DE BIOMASA

XESTIÓN DA BIOMASA

As redes de faixas de xestión de biomasa.





¿Qué é o que hai que manter limpo ou cortado ?

  • A obriga de xestionar a biomasa, é decir, de manter limpo ou cortado, establécese nas redes primarias, secundarias e terciarias.


  • ¿ Qué é o que hai que limpar nas redes primarias de faixas de xestión de biomasa ?

  • Autoestradas, autovías, corredores e vías rápidas: establécese a obriga de xestionar a biomasa e prohíbese ter as especies sinaladas na Disposición Adicional Terceira, na zona de dominio público. Esta zona mídese desde a arista exterior da explanación, e sería de 8 metros no caso de estradas estatais e como máximo de 15 metros para estradas autonómicas, aínda que pode ser inferior.

  • Estradas convencionais: igualmente, existe a obriga de xestionar a biomasa e a prohibición de plantar as especies da Disposición Adicional Terceira na zona de dominio público. Esta zona, tamén se mide desde a arista exterior da explanación, e sería de 3 metros no caso de estradas estatais e como máximo de 10 metros para as autonómicas, podendo ser inferior.

  • Rede ferroviaria: sería a zona de dominio público de 8 metros medidos desde a arista exterior da explanación, coa obriga de xestionar a biomasa e a prohibición de plantar as especies sinaladas na Disposición Adicional Terceira.

  • Liñas eléctricas, subestacións eléctricas e estacións de telecomunicación: obriga de xestionar a biomasa e prohibición de plantar especies das sinaladas na Disposición Adicional Terceira, nunha franxa de 5 metros desde a proxección do conductor eléctrico externo.

  • Liñas de gas: obriga de xestionar a biomasa nunha franxa de 1,5 metros a cada lado do eixe da liña.



  • ¿Tenéis alguna pregunta? Escribidnos a nuestro correo, lo tenéis en CONTACTO.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario