21 jun 2018

PERSOAS RESPONSABLES DA XESTIÓN

RESPONSABLES DA XESTIÓN DA BIOMASA

¿Quén son as persoas responsables da xestión da biomasa?





No caso das redes secundarias, (núcleos de poboación, infraestructuras e equipamentos sociais, zonas edificadas e parques e polígonos industriais) e terciarias (camiños, vías e pistas forestais): as persoas responsables serían as persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais.

No caso das redes terciarias: as responsables serían as administración públicas, as entidades ou sociedades que teñan encomendada a competencia sobre a xestión, das vías de comunicación, liñas de transporte e distribución de enerxía eléctrica, ou de gas natural e estacións de telecomunicacións.

No caso de edificacións que non conten coa preceptiva licenza urbanística ou que se executasen incumprindo as condicións establecidas na mesma: a responsabilidade da xestión da biomasa corresponde á persoa propietaria dos terreos edificados, que dispoñerá dunha servidume de paso forzosa para accder á faixa establecida, durante o tempo, estrictamente, necesario para a labor de xestión.

¿Cómo hai que facer para a xestión da biomasa?


As persoas responsables procederán á execución da xestión da biomasa e á retirada das especies arbóreas ANTES DO MES DE XUÑO DE CADA ANO.

En caso de incumprimento, a Administración pública competente, de oficio ou a solicitude de persoa interesada, enviará á persoa responsable unha comunicación indicándolle a obriga da xestión e concedéndolle un prazo de 15 días naturais ou de 3 meses no caso de faixas laterais de vías de comunicación.
En caso de persistir o incumprimento, poderá iniciarse a execución subsidiaria con repercusión dos custos e o correspondente procedemento sancionador.

¿Cómo se miden as distancias?


As distancias mediranse desde o tronco da árbore máis próxima á propiedade veciña ata o límite coa outra propiedade. En tendidos eléctricos: ata a proxección do conductor máis externo e a súa desviación máxima producida polo vento. Edificacións, vivendas illadas e urbanizacións situadas a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e núcleo rural: as distancias mediranse ata o paramento destas. Cámpings, depósitos de lixo, parques e instalación industriais que estén a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural: as distancias mediranse ata o límite das instalación.


¿Tenéis alguna pregunta? Escribidnos a nuestro correo, lo tenéis en CONTACTO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario