25 oct 2018

OBRIGAS NA LEI DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Reformas introducidas na lei de prevención de incendios forestais.





Para acabar coas cuestións derivadas da reforma introducida pola Lei 9/2017, de 26 de decembro, que modifica a Lei 3/2007, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais:

¿A quén corresponde a labor de vixilancia das obrigas establecidas na mencionada Lei?


  • CORRESPONDE AOS CONCELLOS A COMPETENCIA DE VIXILANCIA das obrigacións seguintes:
  • Xestión da biomasa e retirada de arbolado en torno ás edificacións existentes nunha franxa de 50 metros que sea perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable; nas edificación illadas en solo rústico que se encontren a máis de 400 metros do monte e nas edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de basura campings, gasolineiras e instalación industriais situadas a menos de 400 metros do monte.

  • Xestión da biomasa e retirada de arbolado nunha franxa de 50 metros ao redor de novas instalacións, que estén destinadas a explotacións agrícolas, ganadeiras ou forestais.

  • Nos demáis casos a competencia de vixilancia corresponderá á Comunidade Autónoma.


  • ¿A quén corresponde a competencia sancionadora?


  • AOS CONCELLOS cando o incumprimento das obrigas se produza en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural.
  • Á COMUNIDADE AUTÓNOMA cando o incumprimento se produza en solo rústico, aínda que a competencia para a execución forzosa é do Concello.


  • ¿Cómo se procede á identificación das persoas responsables do incumprimento?


  • ESTARÁSE Á TITULARIDADE DOS TERREOS NO CATASTRO.

  • Nas notificacións que se remitan ás persoas responsables, indicaráselles un prazo para o cumprimento voluntario, a cantidade provisional dos custos da execución subsidiaria pola Administración.

  • Se persisten no incumprimento, procederáse ao embargo de bens da persoa responsable en cuantía suficiente para cubrir os custos da liquidación provisional.

  • No caso de que non se poida repercutir os custos por ser descoñecida a persoa titular, poderáse iniciar un Expediente de Expropiación Forzosa, cando os custos superen o valor da parcela.

  • ¿Tenéis alguna pregunta? Escribidnos a nuestro correo, lo tenéis en CONTACTO.

    18 oct 2018

    SEGUNDO SISTEMA DE DECLARACIÓN

    ¿No IRPF, cal é o segundo sistema de declaración das vendas de madeira?





    No caso de estar dado de alta por realizar algunha actividade económica baixo o réxime de estimación directa, deberá tributar tamén por este réxime na actividade forestal

  • O resultado da actividade forestal calcúlase de maneira semellante ao resto de actividades en estimación directa.

  • Mantense, igualmente, a posibilidade de aplicar a reducción por renda irregular.


  • ¿Qué pautas son recomendables cara a declaración das vendas de madeira?


  • É conveniente planificar as cortas en anos alternos para que a Axencia Tributaria poida aceptar a aplicación da reducción do 30% por ingresos irregulares.

  • É tamén conveniente darse de alta na actividade forestal para evitar posibles sancións.

  • Esa alta na actividade forestal se fai de maneira sinxela, a través, da presentación do modelo 036.

  • No caso de estar de alta e non ter previsto realizar vendas de madeira no ano seguinte, e unha vez finalizada a corta, sería recomendable darse de baixa na actividade, porque do contrario, existiría a obriga de presentar declaración do IRPF por todos os anos nos que permaneza dado de alta, aínda que non alcanzase os ingresos mínimos para presentar declaración polo IRPF e non fixese ninguna venda de madeira.



  • ¿Tenéis alguna pregunta? Escribidnos a nuestro correo, lo tenéis en CONTACTO.

    11 oct 2018

    RENDIMENTOS NETOS VENDA MADEIRA

    Indices aplicables según a actividade forestal

    Rendimentos netos da venda de madeira





    Continuando coa exposición da semana pasada, no que o último da mesma foi a referencia aos índices aplicables según a actividade forestal, o seguinte paso sería:

    Os ingresos totais da venda da madeira (IVE engadido) multiplicaríanse polo índice correspondente, desta maneira obtense o rendimento neto que poderá reducirse aplicando as porcentaxes previstas.

    ¿Cáles son as porcentaxes en que poderá reducirse?


  • Un 5% con carácter xeral.

  • Un 20% no caso de xestionar o monte cun instrumento de ordenación aprobado pola Administración forestal, sempre que a idade media das especies presentes no monte, supere os 20 anos.

  • Un 30% no caso de rendementos netos cun período de xeración superior aos dous anos. Para aplicar esta reducción é necesario non cortar todos os anos.

  • Tamén poderán deducirse os gastos extraordinarios soportados por incendios ou outras circunstancias excepcionais.


  • ¿Qué requisitos hai que ter en conta


  • Como regra xeral hai que asegurarse de que no recibo que entregue o maderista conste de maneira clara o nome da especie que se vende, xa que deberá consignalo na declaración da renda.

  • É mellor realizar as cortas en anos alternos para que Facenda poida entender que se trata de ingresos irregulares e aplicar así a reducción do 30%.

  • O que se paga de Imposto sobre a Renda é menor ao que ingresará en concepto de IVE, polo que é conveniente facer as vendas de madeira dentro da legalidade.

  • No caso de sufrir un lume no que teña que facer fronte a gastos extraordinarios, é necesario que o comunique á Administración Tributaria no prazo de 30 días a contar desde a data na que se produciu, para ter dereito a reducir o rendemento neto pola cantidade dos gastos soportados.


  • ¿Tedes algunha pregunta? Escribide ao noso correo, tédelo en CONTACTO.

    4 oct 2018

    IMPOSTO NAS VENDAS DE MADEIRA

    TRIBUTACIÓN DAS VENDAS DE MADEIRA

    ¿Cómo tributan no IRPF as vendas de madeira?




    En primeiro lugar, é importante saber que é obrigatorio declarar no IRPF as vendas de madeira feitas no ano anterior, ainda que non teñamos obriga de presentar declaración polos demáis ingresos obtidos.

    Existen dous sistemas de réxime de tributación

  • Primeiro, no caso de ser asalariado por conta allea, xubilado, funcionario, etc., pode aplicar o réxime de estimación obxectiva ou módulos:
    Neste caso, non existe obriga de emitir factura, só hai que asinar o recibo que lle presente o comprador da madeira e gardar copia do mesmo.

  • Tampouco existe obriga de presentar declaración polo IVE: ademáis, o importe que cobre por ese imposto, que é o 12% do valor de venda da madeira, quedará para o vendedor sin ter que ingresalo na Facenda.


  • O comprador da madeira aplicará unha retención do 2% que ingresará na Facenda no nome do vendedor, que será un adianto do que éste terá que pagar nese concepto no Imposto sobre a Renda. Debemos decir, que xeralmente, o importe final deste Imposto suele ser máis ben pequeno, por debaixo do 6% do importe ingresado, e dependendo da renda, pode incluso resultar 0.


  • A declaración da venda da madeira, realízase no seguinte apartado “E.3.- Réxime de estimación obxectiva agrícola”, no que habería que elexir a actividade realizada, que sería a “actividade forestal susceptible de estar incluida no Réxime Especial de Agricultura, Gandería e Pesca”, tamén habería que indicar se se conta ou non cun instrumento de ordenación do monte e marcar as cuadrículas seguintes en función de dónde veñen os ingresos obtidos:

  • Actividade forestal cun período de maduración superior aos 30 anos: Índice 0,13. Entre as especies ás que se lles pode aplicar este índice están a maioría das frondosas autóctonas e o piñeiro do país.

  • Actividade forestal cun período de maduración inferior aos 30 anos: índice 0,26. Entre as especies ás que se lles pode aplicar este índice están o eucalipto, piñeiro insigne e chopo.

  • Actividade forestal dedicada á extracción da resina: Índice 0,32.

  • Outros traballos e servizos accesorios: Índice 0,56.



  • ¿Tenéis alguna pregunta? Escribidnos a nuestro correo, lo tenéis en CONTACTO.