4 oct 2018

IMPOSTO NAS VENDAS DE MADEIRA

TRIBUTACIÓN DAS VENDAS DE MADEIRA

¿Cómo tributan no IRPF as vendas de madeira?




En primeiro lugar, é importante saber que é obrigatorio declarar no IRPF as vendas de madeira feitas no ano anterior, ainda que non teñamos obriga de presentar declaración polos demáis ingresos obtidos.

Existen dous sistemas de réxime de tributación

  • Primeiro, no caso de ser asalariado por conta allea, xubilado, funcionario, etc., pode aplicar o réxime de estimación obxectiva ou módulos:
    Neste caso, non existe obriga de emitir factura, só hai que asinar o recibo que lle presente o comprador da madeira e gardar copia do mesmo.

  • Tampouco existe obriga de presentar declaración polo IVE: ademáis, o importe que cobre por ese imposto, que é o 12% do valor de venda da madeira, quedará para o vendedor sin ter que ingresalo na Facenda.


  • O comprador da madeira aplicará unha retención do 2% que ingresará na Facenda no nome do vendedor, que será un adianto do que éste terá que pagar nese concepto no Imposto sobre a Renda. Debemos decir, que xeralmente, o importe final deste Imposto suele ser máis ben pequeno, por debaixo do 6% do importe ingresado, e dependendo da renda, pode incluso resultar 0.


  • A declaración da venda da madeira, realízase no seguinte apartado “E.3.- Réxime de estimación obxectiva agrícola”, no que habería que elexir a actividade realizada, que sería a “actividade forestal susceptible de estar incluida no Réxime Especial de Agricultura, Gandería e Pesca”, tamén habería que indicar se se conta ou non cun instrumento de ordenación do monte e marcar as cuadrículas seguintes en función de dónde veñen os ingresos obtidos:

  • Actividade forestal cun período de maduración superior aos 30 anos: Índice 0,13. Entre as especies ás que se lles pode aplicar este índice están a maioría das frondosas autóctonas e o piñeiro do país.

  • Actividade forestal cun período de maduración inferior aos 30 anos: índice 0,26. Entre as especies ás que se lles pode aplicar este índice están o eucalipto, piñeiro insigne e chopo.

  • Actividade forestal dedicada á extracción da resina: Índice 0,32.

  • Outros traballos e servizos accesorios: Índice 0,56.



  • ¿Tenéis alguna pregunta? Escribidnos a nuestro correo, lo tenéis en CONTACTO.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario