Rendimentos netos da venda de madeira
Continuando coa exposición da semana pasada, no que o último da mesma foi a referencia aos índices aplicables según a actividade forestal, o seguinte paso sería: ¿Cáles son as porcentaxes en que poderá reducirse?
Un 5% con carácter xeral.
Un 20% no caso de xestionar o monte cun instrumento de ordenación aprobado pola Administración forestal, sempre que a idade media das especies presentes no monte, supere os 20 anos.
Un 30% no caso de rendementos netos cun período de xeración superior aos dous anos. Para aplicar esta reducción é necesario non cortar todos os anos.
Tamén poderán deducirse os gastos extraordinarios soportados por incendios ou outras circunstancias excepcionais.
¿Qué requisitos hai que ter en conta
Como regra xeral hai que asegurarse de que no recibo que entregue o maderista conste de maneira clara o nome da especie que se vende, xa que deberá consignalo na declaración da renda.
É mellor realizar as cortas en anos alternos para que Facenda poida entender que se trata de ingresos irregulares e aplicar así a reducción do 30%.
O que se paga de Imposto sobre a Renda é menor ao que ingresará en concepto de IVE, polo que é conveniente facer as vendas de madeira dentro da legalidade.
No caso de sufrir un lume no que teña que facer fronte a gastos extraordinarios, é necesario que o comunique á Administración Tributaria no prazo de 30 días a contar desde a data na que se produciu, para ter dereito a reducir o rendemento neto pola cantidade dos gastos soportados.
Os ingresos totais da venda da madeira (IVE engadido) multiplicaríanse polo índice correspondente, desta maneira obtense o rendimento neto que poderá reducirse aplicando as porcentaxes previstas.
¿Tedes algunha pregunta? Escribide ao noso correo, tédelo en CONTACTO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario