25 oct 2018

OBRIGAS NA LEI DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS

Reformas introducidas na lei de prevención de incendios forestais.





Para acabar coas cuestións derivadas da reforma introducida pola Lei 9/2017, de 26 de decembro, que modifica a Lei 3/2007, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais:

¿A quén corresponde a labor de vixilancia das obrigas establecidas na mencionada Lei?


  • CORRESPONDE AOS CONCELLOS A COMPETENCIA DE VIXILANCIA das obrigacións seguintes:
  • Xestión da biomasa e retirada de arbolado en torno ás edificacións existentes nunha franxa de 50 metros que sea perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable; nas edificación illadas en solo rústico que se encontren a máis de 400 metros do monte e nas edificacións, vivendas illadas, urbanizacións, depósitos de basura campings, gasolineiras e instalación industriais situadas a menos de 400 metros do monte.

  • Xestión da biomasa e retirada de arbolado nunha franxa de 50 metros ao redor de novas instalacións, que estén destinadas a explotacións agrícolas, ganadeiras ou forestais.

  • Nos demáis casos a competencia de vixilancia corresponderá á Comunidade Autónoma.


  • ¿A quén corresponde a competencia sancionadora?


  • AOS CONCELLOS cando o incumprimento das obrigas se produza en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural.
  • Á COMUNIDADE AUTÓNOMA cando o incumprimento se produza en solo rústico, aínda que a competencia para a execución forzosa é do Concello.


  • ¿Cómo se procede á identificación das persoas responsables do incumprimento?


  • ESTARÁSE Á TITULARIDADE DOS TERREOS NO CATASTRO.

  • Nas notificacións que se remitan ás persoas responsables, indicaráselles un prazo para o cumprimento voluntario, a cantidade provisional dos custos da execución subsidiaria pola Administración.

  • Se persisten no incumprimento, procederáse ao embargo de bens da persoa responsable en cuantía suficiente para cubrir os custos da liquidación provisional.

  • No caso de que non se poida repercutir os custos por ser descoñecida a persoa titular, poderáse iniciar un Expediente de Expropiación Forzosa, cando os custos superen o valor da parcela.

  • ¿Tenéis alguna pregunta? Escribidnos a nuestro correo, lo tenéis en CONTACTO.

    No hay comentarios:

    Publicar un comentario