21 jun 2018

PERSOAS RESPONSABLES DA XESTIÓN

RESPONSABLES DA XESTIÓN DA BIOMASA

¿Quén son as persoas responsables da xestión da biomasa?





No caso das redes secundarias, (núcleos de poboación, infraestructuras e equipamentos sociais, zonas edificadas e parques e polígonos industriais) e terciarias (camiños, vías e pistas forestais): as persoas responsables serían as persoas físicas ou xurídicas titulares do dereito de aproveitamento sobre os terreos forestais.

No caso das redes terciarias: as responsables serían as administración públicas, as entidades ou sociedades que teñan encomendada a competencia sobre a xestión, das vías de comunicación, liñas de transporte e distribución de enerxía eléctrica, ou de gas natural e estacións de telecomunicacións.

No caso de edificacións que non conten coa preceptiva licenza urbanística ou que se executasen incumprindo as condicións establecidas na mesma: a responsabilidade da xestión da biomasa corresponde á persoa propietaria dos terreos edificados, que dispoñerá dunha servidume de paso forzosa para accder á faixa establecida, durante o tempo, estrictamente, necesario para a labor de xestión.

¿Cómo hai que facer para a xestión da biomasa?


As persoas responsables procederán á execución da xestión da biomasa e á retirada das especies arbóreas ANTES DO MES DE XUÑO DE CADA ANO.

En caso de incumprimento, a Administración pública competente, de oficio ou a solicitude de persoa interesada, enviará á persoa responsable unha comunicación indicándolle a obriga da xestión e concedéndolle un prazo de 15 días naturais ou de 3 meses no caso de faixas laterais de vías de comunicación.
En caso de persistir o incumprimento, poderá iniciarse a execución subsidiaria con repercusión dos custos e o correspondente procedemento sancionador.

¿Cómo se miden as distancias?


As distancias mediranse desde o tronco da árbore máis próxima á propiedade veciña ata o límite coa outra propiedade. En tendidos eléctricos: ata a proxección do conductor máis externo e a súa desviación máxima producida polo vento. Edificacións, vivendas illadas e urbanizacións situadas a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e núcleo rural: as distancias mediranse ata o paramento destas. Cámpings, depósitos de lixo, parques e instalación industriais que estén a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural: as distancias mediranse ata o límite das instalación.


¿Tenéis alguna pregunta? Escribidnos a nuestro correo, lo tenéis en CONTACTO.

14 jun 2018

REDES SECUNDARIAS

CORTAS NAS REDES SECUNDARIAS

¿Qué hai que cortar nas redes secundarias de faixas de xestión de biomasa?





  • É obrigatorio xestionar a biomasa e está prohibido ter as especies sinaladas na Disposición Adicional Terceira nunha franxa de 50 metros:


  • Perimetral ao solo urbano, de núcleo rural e urbanizable.

  • Dende os paramentos exteriores ou límites das instalacións anexas de edificacións, vivendas illadas e urbanizacións.

  • Dende o peche perimetral dos campings.

  • Dende o límite das instalación de depósitos de lixo, gasolineiras e instalacións industriais, que estén situadas a menos de 400 metros do monte.

  • Arredor das edificación silladas en solo rústico situadas a máis de 400 metros do monte.


  • ¿Qué é o que hai que manter limpo nas redes terciarias de faixas de xestión de biomasa?


  • 50 metros arredor de áreas recreativas e outras instalación de uso público.

  • 50 metros arredor de zonas forestais de alto valor, declaradas de este modo pola Consellería competente.

  • 2 metros dende a arista exterior de pistas e camiños veciñais.


  • ¿Tenéis alguna pregunta? Escribidnos a nuestro correo, lo tenéis en CONTACTO.

    7 jun 2018

    XESTIÓN DE BIOMASA

    XESTIÓN DA BIOMASA

    As redes de faixas de xestión de biomasa.





    ¿Qué é o que hai que manter limpo ou cortado ?

  • A obriga de xestionar a biomasa, é decir, de manter limpo ou cortado, establécese nas redes primarias, secundarias e terciarias.


  • ¿ Qué é o que hai que limpar nas redes primarias de faixas de xestión de biomasa ?

  • Autoestradas, autovías, corredores e vías rápidas: establécese a obriga de xestionar a biomasa e prohíbese ter as especies sinaladas na Disposición Adicional Terceira, na zona de dominio público. Esta zona mídese desde a arista exterior da explanación, e sería de 8 metros no caso de estradas estatais e como máximo de 15 metros para estradas autonómicas, aínda que pode ser inferior.

  • Estradas convencionais: igualmente, existe a obriga de xestionar a biomasa e a prohibición de plantar as especies da Disposición Adicional Terceira na zona de dominio público. Esta zona, tamén se mide desde a arista exterior da explanación, e sería de 3 metros no caso de estradas estatais e como máximo de 10 metros para as autonómicas, podendo ser inferior.

  • Rede ferroviaria: sería a zona de dominio público de 8 metros medidos desde a arista exterior da explanación, coa obriga de xestionar a biomasa e a prohibición de plantar as especies sinaladas na Disposición Adicional Terceira.

  • Liñas eléctricas, subestacións eléctricas e estacións de telecomunicación: obriga de xestionar a biomasa e prohibición de plantar especies das sinaladas na Disposición Adicional Terceira, nunha franxa de 5 metros desde a proxección do conductor eléctrico externo.

  • Liñas de gas: obriga de xestionar a biomasa nunha franxa de 1,5 metros a cada lado do eixe da liña.



  • ¿Tenéis alguna pregunta? Escribidnos a nuestro correo, lo tenéis en CONTACTO.